Xa están aquí as fotos das festas do 2019

Podedes acceder a todas neste enlace

Publicado en Actividades, Novas | Deja un comentario

Já estam aqui as afamadas e tradicionais festas da rua de baixo!

Este ano numa versom reduzida mas com o mesmo espírito de sempre.

Som muitos anos organizando estas festas e às vezes há que parar um pouco, recolher-se e procurar novos folgos. Aguardamos que para o ano que vem mais vizinhas e vizinhos se acheguem a esta comissom e a esta associaçom para fazer juntas uma festa de todas e para todas.

Este é o programa para o único dia da festa, o sábado 7 de setembro:

  • 11.00h Ruada das cabeçudas animada por Som do Torreiro, o grupo de música tradicional das vizinhas do centro social O Pichel.
  • 12.00h Atuaçom das crianças do grupo de Dança da Semente Compostela.
  • 13.00h Sessom vermú* com EVA E CAMILO
  • 15.00h Jantar popular na rua**
  • 18.30h ‘Filipa com os contos’, de Fran Campos. Actuaçom para crianças.

* Haverá bebidas da mam da Gentalha Do Pichel
** Podedes traer a vossa comida e também haverá comida para comprar graças ao Cafe Bar 13.

(sim, o desenho do cartaz é o mesmo que usamos o primeiro ano que recuperamos as festas da rua 🙂)

Publicado en Novas | Deja un comentario

Xa están aquí as fotos das festas do 2018

Podedes acceder a todas dende aquí

Publicado en Novas | Deja un comentario

Paseo sonoro

Este paseo sonoro está deseñado para que o descargues e o fagas cando queiras pola Rúa de Baixo. Para facelo conxuntamente quedamos este mércores 5 de setembro ás 19.30h diante da Gentalha do Pichel.

Foi creado pola Asociación Veciñal das Marías. Co guión e a locución de Adriana P.Villanueva e a intervención de Julia Villaverde, Maruja Cea, Ricardo Villaverde, Mari Iglesias, Sagrario Pena, Xesús Ron, Fátima Rodríguez, Tristán Ron, Esther Hervés e Natalia Veiga. Agradecémoslle inmensamente a música a Oîma por deleitarnos co Círculo da Preguiza e a Jota do Galo. Os efectos sonoros foron descargados en Freesound. Este audio ten unha licenza creative commons que permite compartilo baixo a mesma licenza sen lucro.

 
Descárgao desde a seguinte enlace: Paseo sonoro

Publicado en Novas | Deja un comentario

Empezan as festas

Publicado en Novas | Deja un comentario

A voz de Abaixo nº 6

Publicado en Novas | Deja un comentario

Asembleia da A. VV As Marías

Publicado en Novas | Deja un comentario

Xa están aquí as fotos das festas do 2017

Máis vale tarde…

Podedes velas todas aquí

Publicado en Novas | Deja un comentario

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

Seguimos procurando votos para que as nosas propostas saian adiante.
Queres que se coloque unha marquesina de autobús e unha pantalla informativa de paso na Avda de Coimbra? Pois vota a proposta 33 en https://decide.santiagodecompostela.gal/#/rules

Publicado en Novas | Deja un comentario

Xa chegan as festas do barrio

Publicado en Novas | 1 comentario