Compostela conta

O 18 de novembro celebrou-se no CS O Pichel a actividade “Compostela Conta” com o fim de divulgar entre a vizinhança o trabalho arqueológico feito durante as obras da rua de Baixo.
A arqueóloga Dolores Cerquero achegou-nos um anaco da história do bairro a partir dos achádegos encontrados na reabilitaçom da rua: tres tramos da canalizaçom histórica de água da cidade, o máis antigo do S.XVI que levava água ate o Hostal dos Reis Católicos.
A maior parte destas canalizaçons ficarom in situ já que estam sendo reaproveitadas na actualidade, mas 13 metros estam agora no museu das Peregrinaçons.
Além disto, puidemos ver planos pertencentes a diferentes épocas nas que apreciamos as transformaçons do bairro, num principio de origem agrícola, com forte vínculo com o monte de Vite e acotado de forma natural polo agora desviado e soterrado rio da Pena, e q se foi vendo alterado polas ampliaçons urbanas da década do 60 do passado século, principalmente com a construçom de Joam XXIII.

Esta entrada fue publicada en Actividades, Novas. Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a Compostela conta

  1. sagra dijo:

    Estiven na charla y gustoume moito coñecer pequenos detalles da nosa rúa, é unha pena que non hubera máis xente.

  2. Ramón dijo:

    Pareceume unha moi boa iniciativa a de contar á veciñanza a historia da rúa a través dos restos arqueolóxicos achados nela, e creo que, se non houbo máis xente na charla, o problema é dos que nos lles interesa o tema, pero isto non lle resta nada de interese á actividade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.