A festiña do Carmo

Xa estaba ben, levabamos moitos anos oindo tildar á asociación de inmovilista, sempre pensando en recuperar e consolidar tradicións do barrio para dar valor ao noso. Pois tiñan razón, pero non, abondou, vimos de dar un xiro radical ao noso actuar e, rachando cunha tradición de máis de 30 anos nos que non se tiña organizado ningunha festa nin evento, preparamos na rúa de Salamanca a Festiña do Carmo, para comer, bailar e falar na noite do 15 de xullo (non tivo lugar o proprio 16  de xullo aos efectos de non contraprogramar á chea de festas que xa temos no país).

Alí xuntamos un polbeiro pouco optimista (que ao final non deu atendido todas as peticións), e uns cantos radicais do barrio en contra da tradición establecida. Moita xente nas ventás, loitando por vencer a tentación e non seguir o ritmo da música e o cheiro do polbo. Outros máis extremistas incluso levaron mesas e sillas temerosos de non atopar sitio onde degustar o polbo.

O balanzo final, como non podia ser doutro xeito, foi moi positivo. O problema será o ano que ven, seguiremos a tradición, xa institucionalizada, de facer a festiña do Carmo? Ou, novamente, prevalecerán os sectores radicais da asociación que promoverán actitudes rupturistas?

 

 

Esta entrada fue publicada en Actividades, Novas. Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a A festiña do Carmo

  1. Esther dijo:

    Daquel polbo veñen estas alorzas!… que me quiten o bailao! Grazas por manter a páxina actualizada, sodes xente estupenda!

  2. Isabel dijo:

    As fotos están preciosas. En xeral, sempre subides boas fotos. 🙂
    A festiña foi moi curriña. Grazas!!!!

Responder a Esther Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.